Select Page
Todas temos a mesma historia
Descubre nuestra producción estrella Jácara para un Pícaro

En 1977 o premio Nobel Darío Fo e Franca Rame puxéronlle voz —e retranca— a millóns de mulleres encerradas entre a casa, o leito e a maternidade. Cincuenta anos despois, ‘Todas temos a mesma historia’ lembra que aquelas cadeas poden ser distintas, pero seguen existindo.

Unha obra para o 2025 que permite botar a vista atrás e amosar como cambiaron as cousas para a muller co paso do tempo… e, sobre todo, o que aínda non cambiou dabondo.
Porque segue habendo Maruxas que deben pedir permiso, Marías que traballan por dous e Meris que seguen explicando que o consentimento non é un malentendido.
Este espectáculo recupera o espírito rebelde e lúcido de Fo e Rame para falar dende o presente das liberdades sexuais, sociais e dereitos da muller, con moito humor, emoción e conciencia

‘Todas temos a mesma historia’ está creada cunha serie de valores que a fan encaixar en distintas programacións como:

– Teatro con perspectiva de xénero
– Espectáculos de comedia
– Obras con contido social de alta calidade interpretativa
– Ciclos de memoria, igualdade e teatro da muller
100 aniversario do nacimiento de Dario Fo

É unha obra que divirte, remexe e comunica, perfecta para públicos adultos e xuvenís (a partir de 14 anos)

Sinopse

Tres mulleres, tres épocas… pero unha mesma historia que parece repetirse.

Baseada nos monólogos de Darío Fo e Franca Rame, ‘Todas temos a mesma historia’ une tres épocas e tres xeracións para amosar, con humor salvaxe e moita lucidez, que a loita pola igualdade muda de roupa… pero non de fondo de armario.

– A avoa nos anos 60 vive feliz sendo ama de casa… ou iso di ela. Convertendo o fogar na súa burbulla.
– A nai nos 80 xa é unha muller moderna: traballa na conserveira, cría a súa filla pero fai malabares coa conciliación.
– E a filla nos 2000 xa naceu libre, emancipada e empoderada… ata que se deita co seu noivo e descobre que o patriarcado segue suando e roncando.

Un espectáculo grotesco, hilarante e incómodo (no mellor sentido) que fai rir, pensar e mesmo sorprenderse ao descubrir que, medio século despois, seguimos todas no mesmo punto… só que con mellor peiteado.
Cunha interpretación vibrante e un ritmo que non da respiro, este espectáculo déixanos unha pregunta suspendida no aire:
“E o que está por vir, como será?”

Espectáculo apoiado por:

Logo Concello Pontevedra

Momento da obra O Rexurdimento do Divino Sainete.
Conoce el equipo artístico de Jácara para un Pícaro

Equipo artístico

Texto: DARIO FO e FRANCA RAME
Tradución: CARLA MATTEINI
Dirección:
NAZAN L. BAMIO

Interpretación: SANDRA GADE

Escenografía e Atrezo: LAGRIOT’TE
Confección vestiario: ANABETTI
Iluminación: MANEL MILLÁN
Espazo sonoro: NAZARET LÓPEZ

Fotografía e Vídeo: BORJA DICHA

Dirección técnica: JAVIER QUINTANA
Dirección de produción: SANDRA GADE
Distribución: CULTURACTIVA

Obradoiro

Ir o contido