O Rexurdimento do Divino Sainete
Un novo traballo de LaGriot’te con moito sentido para os tempos que corren. Unha peza coa que…
- Coñecer a TREPIDANTE VIDA DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ, bardo galego e un dos grandes poetas civís.
- DIALOGAR COA HISTORIA DE GALICIA do século XIX, momento clave da nosa lingua grazas ó Rexurdimento, DENDE A NOSA ACTUALIDADE.
- Desfrutar de MÚSICA EN DIRECTO como nas outras pezas da compañía.
- Facer un percorrido histórico e COÑECER AOS PERSONAXES QUE MARCARON A VIDA DE CURROS e a nosa historia.
- Xogar coa IMAXINACIÓN DO PÚBLICO, a través dunha posta visual coidada e as interpretacións e coreografías das actrices.
- Reflexionar sobre a utilidade da arte a través da personaxe de LaGriot’te. UNHA OBRA DE AMOR Ó TEATRO E Á NOSA PROFESIÓN.
- E todo isto, sen perder a IRONÍA, SÁTIRA E HUMOR que caracterizaba a Curros e a nosa forma de traballo coma compañía.
COLABORACIÓNS E AGRADECEMENTOS:
Fundación Curros Enríquez
Deputación de Ourense
Concello de Celanova
Concello de Pontevedra
Concello de Ames
AGADIC
Argumento
Unha xograresa, LaGriot’te, desencantada co teatro.
Dous xornalistas á procura dunha exclusiva dun modo sensacionalista.
E o xuízo á vida de Manuel Curros Enríquez.
LaGriot’te, decidida a queimar o teatro para desfacerse das historias, vese sorprendida pola aparición de Curros cunha soa petición: acompañalo.
A nosa xograresa verase envolta nunha viaxe no tren dos Sete Pecados dirección Jacobusland, corte penal última da moralidade do Estado. En cada un dos vagóns un pecado capital é representado a través de persoas e situacións da vida de Curros.
Detrás deles, os Xornalistas, os perseguen retorcendo a realidade para conseguir unha boa historia no nome da verdade.
Un espectáculo visual, como os que caracterizan á compañía LaGriot’te, no que se traslada o universo creado por Curros para falar de intolerancia, extremismo, censura e autocensura, as guerras incivís que nos rodean, a corrupción, moral ou económica… e todo a través da ironía, a sátira e o humor.
Quizáis, o que dibuxou Curros na súa obra fai máis dun século, non dista tanto dos nosos días. Ou si?
Espectáculo apoiado por:


Equipo artístico
Dirección e adaptación: NAZAN L. BAMIO
Interpretación: SANDRA GADE, CELINA FERNÁNDEZ PONTE, MARCOS GRANDAL
Deseño de vestiario, iluminación e escenografía: AS DÚAS E PUNTO
Composición musical: MARCOS GRANDAL
Construción monicreque: OS MONICREQUES DE KUKAS
Deseño gráfico: VÍCTOR RIVAS
Estudo gravación: ESTUDIO BONOBO
Gravación vídeo: MIRANDAVIDEO
Fotografía: JESÚS SANCHO
Dirección técnica: AS DÚAS E PUNTO
Dirección de produción: SANDRA GADE
Distribución: CULTURACTIVA